Vigo Arrólate!

VIGO ARRÓLATE! é un programa dirixido a vós, familias que estades a preparar a chegada dunha ou dun novo membro, ou que acabades de o ter ou adoptar.
É un momento de cambios, e queremos achegarvos (in)formación para esta nova etapa que encetades; actividades que agardamos sexan do voso interese e contarmos así coa vosa presenza e suxestións.
As crianzas van ver en vós un espello, vades ser o modelo para seguir. O que lles falades,
cantedes, contedes, leades… van prender nelas como xermolo do seu mañá. E queremos que ese xermolo prenda na lingua de noso, que acompañe os nosos cativos e cativas no seu medrar porque no seu futuro está tamén o da nosa lingua.
Vigo arrólate! son obradoiros, charlas, contadas, música, xogos… para compartirdes coas
vosas crianzas e para garantirlle Mil primaveras máis á nosa lingua!

 

10 outubro falame moito e ben10 outubro educacion sensorial5 outubro faladoiro de crianza e bebeteca5 outubro axudame a expresarme

+ info

Volve a abrir a Biblioteca da escola!!

biblioteca cabecera

CATÁLOGO

Preme aquí para descargar o catálogo: biblioteca-eim-bouzas

Para recibir un libro en préstamo tes que cubrir a seguinte ficha e entregala na escola. As crianzas levarán para casa os venres os libros solicitados durante a semán.

Devolveranse os libros durante a semán seguinte. O periodo de préstamos ordinario é de máximo unha semana. Pódese renovar unha vez o libro que xa tes, para elo tes que volver a cubrir e entregar a ficha de préstamo.

Para máis información escríbenos a anpabouzas@gmail.com

prestamoDescarga AQUÍ un A4 con 8 fichas de préstamo

biblio foto